SALNÉS> Este luns podemos falar dunha xornada perfecta para os equipos do Salnés. Gañou na prórroga o Establecimientos Otero na súa visita ó Xiria mentres que o Extrugasa pasou por enriba do Aros para sumar o seu sexto triunfo consecutivo.
Beneficiado polos picazos de Unicaja Canarias e Badajoz, o Extrugasa xa é líder en solitario, un liderazgo, eso sí virtual, xa que Ensino e Bembibre tamén perderon un único partido pero contan con menos victorias porque xa pasaron polo descanso obrigado desta liga de quince.
O sábado as vilagarciáns non tiveron compaixón dun Aros que pelexa pola permanencia (90-63). As de Tito Díaz, como xa acontecera en Avilés, saíron cunha marcha superior ó seu rival para deixar sentenciado o encontro no primeiro cuarto cun parcial de 25-9. A diferencia da semana pasada, nesta empregáronse máis a fondo durante os 40 minutos e acadaron a ansiada regularidade en ataque, de feito fixeron entre 21 e 25 puntos en cada cuarto.
A vantaxe puido ser aínda maior de non ser pola relaxación lóxica en defensa nos derradeiro minutos, cando todo estaba decidido. Gran actuación colectiva nas dúas zonas; a máis destacada Montse Gilabert que se foi ata os 20 puntos. A semana que ven toca visitar una pista complicada como a do Universitario de Ferrol.
Moito máis tivo que traballar a victoria un Establecimientos Otero ó que este triunfo dalle un pulo moi importante cara o obxectivo de meterse entre os cinco primeiros, de feito son quintos a día de hoxe con dúas victorias de vantaxe sobre o seu máis inmediato perseguidor.
Houbo que sudalo en Carballo ante o Xiria (80-84). A primeira metade foi de dominio cambadés que foron por diante no marcador con rentas sempre cercanas ós dez puntos, pero a reacción local tralo descanso convertíu o choque nun loita pechadísima pola victoria, tanto que foise a prórroga, onde decidíu a maior experiencia dos de Diego Doval. Gran actuación de Pablo Villaronga no seu mellor partido do que vai de temporada con 28 puntos. A vindeira xornada visitan ó Estudiantes de Lugo.
Redacción Salnés