Vivenda e emprego, prioridades do PSOE en Sanxenxo

    SANXENXO > Vivenda protexida e emprego son as prioridades que se marca o PSOE de Sanxenxo. A candidata Dulcinea Aguín presentou noite o seu programa ós veciños de Portonovo, co respaldo do conselleiro de Traballo e secretario de organización do PSdeG, Ricardo Varela. Dos seus proxectos, pero tamén de críticas ó PP foi do que se falou no mitin do PSOE en Portonovo.

    psoesanxenxo_300_180507.jpgDos seus proxectos, pero tamén de críticas ó PP foi do que se falou no mitin do PSOE en Portonovo. Dulcinea Aguín acusou ós populares de crear crispación, de dedicarlle insultos e de frear calquera iniciativa que tivo o PSOE nos últimos 8 anos. Para os socialistas, a vivenda e a xeración de emprego son dúas prioridades, que o goberno popular nunca tivo en conta.

    ‘Que non vos enganen coa compra de casas ou de Punta Vicaño’, indicou Dulcinea Aguín, ó tempo que criticaba ós populares por non establecer outras prioridades á hora de gastar os cartos dos aproveitamentos urbanísticos. Unha escola taller no polígono, un pazo de congresos e exposicións, embelecer o rural, o transporte entre parroquias, son algúns dos seus proxectos.

    Para Portonovo falou da posta en valor do casco histórico, de crear aparcamento, pero sobre todo do club de piragüismo. Dulcinea Aguín acompañouse dos membros da súa lista e tamén do conselleiro de Traballo e secretario de organización do PSdeG, Ricardo Varela.

    Redacción Salnés