O BNG de Vilagarcía presenta as súas políticas de igualdade

    castroraton_180507_100.jpgVILAGARCÍA > As políticas de igualdade son unhas das pezas claves do programa electoral do BNG na comarca.

    Hoxe o candidato do BNG á alcaldía de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón tivo un encontro no auditorio da vila cun colectivo de mulleres ás que lles explicou en que consisten este tipo de iniciativas. O aspirante á alcaldía de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, debuxou hoxe ante un público composto case en totalidade por mulleres, as liñas xerais da parte do seu programa adicada a políticas de igualdade e de corresponsabilidade.

    Castro Ratón asegurou que a actual concellería da muller evolucionará a unha concelleria de igualdade e apuntou a importancia de que o actual consello de mulleres consiga máis peso. O candidato resaltou en varias ocasións o importante papel que desenvolven ás mulleres na sociedade e enumerou distintas iniciativas para conseguila igualdade.

    Entre estas iniciativas atópanse a utilización dunha linguaxe non sexista nos documentos do Concello ou a creación de garderias A continuación, Carme Adán, secretaria xeral de igualdade, repasou a situación actual da muller en Galclicia e recalcou a diferencia entre políticas de igualdade e de corresponsabilidade. Adán sinalou que, no caso da correponsabilidade, a política compete ós dous sexos. Neste encontro o BNG recalcou o seu compromiso cóas mulleres e presentou todas as iniciativas que poránse en marcha dende o seu partido se os cidadáns lle dan a alcaldía de Vilagarcía.

    Redacción Salnés