Ferido grave un veciño de Tui nun accidente múltiple na Vía do Salnés

    SALNÉS > Un veciño de Tui resultou ferido nun accidente múltiple rexistrado na Vía do Salnés. O sinistro tivo lugar ás oito e media nunha curva moi aberta, á altura do quilómetro seis, entre a estación de servizo e o enlace de Cambados.

    accidenteviarapida_300_150507.jpgSegundo informou a Garda Civil de Tráfico, o accidente produciuse ao chocar de fronte un Citroën Jumper e un camión, sinistro no que tamén se viu implicado un Seat León. O conductor do Citroën, José Martínez Bugallo, de 55 anos e veciño de Tui, tivo que ser excarcerado de entre os ferros do vehículo por un equipo de bombeiros do Salnés. Foi trasladado á residencia Montecelo con diversos golpes na cabeza e lesións no tórax e nun brazo, e o seu prognóstico é reservado. O condutor do camión, Julio Rodríguez Barreiro, sufriu feridas leves, ao igual que a condutora do Seat León, Margarita Martínez Riveiro, que foron atendidos no lugar do accidente. A consecuencia do sinistro o tráfico tivo que ser cortado durante unha hora.

    Redacción Salnés