A Sociedade Cultural de Cambados reinaugúrase a vindeira semana.

    CAMBADOS> As obras de remodelación da Sociedade Cultural de Cambados están case rematadas. Hoxe o Presidente da Deputación de Pontevedra…

    {flowplayer}images/salnes/visita_louzan_cambados.flv{/flowplayer}

    …visitaba, xunto co Delegado da Xunta en Pontevedra e o Alcalde de Cambados o remate desta actuación, que foi sufragada a cargo dos fondos do ente provincial. Esta mellora vai a facilitar o funcionamento deste centro cultural e de ocio para tódolos veciños, estean ou non asociados. A actuación rematará en breve e o acto de presentación en sociedade deste remodelado espazo será o sábado día 17 de decembro, ás sete da tarde. Unha celebración á que está convidado todo o mundo.

    O Presidente desta Asociación Cultural, Luis Somoza, agradeceu de bo grao este investimento que servirá, sen dúbida, para ampliar a familia da Cultural cambadesa.

    Para corresponder a axuda da Deputación, a Asociación Cultural que preside Somoza nomeará ó Presidente Provincial, Rafael Louzán, socio de honra, para que ó igual que Luis Aragunde e José Manuel Cores Tourís, se deixe ver máis por este centro.

    Redacción Salnés