Ares resposta ó BNG insistindo en que a súa ‘lealdade débese ó pobo de Boiro’

    BOIRO > O voceiro do PSOE boirés, Xoán Xesús Ares, saíu paso das acusacións de ‘deslealdade’ realizadas polos seus compañeiros de goberno despois de que calificara de ‘electoralista’ o acto de sinatura do convenio no Pazo de Goiáns.

    Ares amosou a súa sorpresa ante as declaracións realizadas polo responsable de comunicación do BNG.

    Non tardou Xoán Xesús Ares en respostar ás críticas vertidas polo grupo do BNG con respecto ás súas declaracións sobre o acto de sinatura do convenio con Eroski celebrado o pasado xoves no Pazo de Goiáns. O candidato socialista insiste en que a firma debeu celebrarse nun ‘acto aberto a toda a cidadanía pero non foi así por medo’.

    Ante as acusacións de deslealdade formuladas polos seus socios de goberno, Xoán Xesús Ares afirmou que o seu deber é ser ‘leal’ co pobo de Boiro e cos intereses xerais dos cidadáns.

    Redacción Barbanza