O PSOE anima ós veciños a formular alegacións ó POL

    psoepol.jpgBARBANZA> As agrupacións socialistas fan un chamamento á cidadanía para que se informen sobre o grao de afectación do POL nas súas propiedades.

    {flowplayer}barbanza/psoebarbanzapol.flv{/flowplayer}

    A tan só uns días de que conclúa o prazo para presentar alegacións ó Plan de Ordenación do Litoral trala súa aprobación inicial o pasado 30 de xullo, o PSOE está a realizar unha campaña infomativa sobre a forma en que afectará esta normativa a cada concello.

    No Barbanza, hai municipios nos que parroquias enteiras quedarán limitadas pola aplicación da norma, a pesar de que non están situadas no litoral.

    Por estas razóns convidan ós veciños a achegarse ata os concellos ou consultar a páxina web da Consellería de Medio Ambiente para informarse de se as súas propiedades quedan afectadas e en que medida, de xeito que poidan exercer o seu dereito a formular alegacións.

    Os socialistas consideran que o plan aprobado pola Xunta terá unha influencia moi negativa, especialmente naqueles concellos que non teñen aprobado o PXOM, xa que ó constiturir o POL unha norma de rango superior limitará en boa medida a expansión dos núcleos.

    Redacción Barbanza