Seguen as concentracións en Barbanza pola precariedade da atención primaria

A POBRA> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza segue a protestar ante a precaria situación da atención primaria na comarca, que se ve agravada durante o verán polo incremento de poboación.

O sistema asume unha sobrecarga derivada da presenza de máis pacientes, moitos deles crónicos, e o recorte de profesionais ó non dar cobertura ás vacantes por vacacións.

Na Pobra, dáse ademais a particularidade de que o PAC non abre polas tardes, sendo o único en Galicia xunto con Rianxo que non conta con quenda vespertina, polo que as urxencias teñen que ser atendidas no hospital do Barbanza ou no centro de saúde de Ribeira.

E Aguiño tamén seguen a protestar demandando a cobertura dunha baixa de longa duración que mantén dende hai meses a tan só unha médica que debe asumir todo o cupo de pacientes coa consecuente sobrecarga asistencial.