Diversos actos no Salnés para celebrar o día do medio ambiente

    tourio_plan_050607__100.jpgSALNÉS > O 5 de xuño é o día do medio ambiente. O Grove e Caldas acolleron actos relacionados co coidado do noso entorno.

    O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentou a ampliación do plan director de conservación da rede Natura. Pouco antes, en Caldas de Reis, o alcalde, Juan Manuel Rey, é o responsable do departamento de medio ambiente premiaban ós mais cativos da comarca pola súas labores na liga de reciclaxe e nas patrullas verdes.

    Máis de 350 mozos de seis centros da comarca de Caldas recibiron hoxe o seu recoñecemento á labor levada a cabo durante todo o ano reciclando e coidando á natureza. Trátase da oitava edición dos premios da liga de reciclaxe e da quinta das patrullas verde que nos últimos anos aportan o seu granito de area no coidado do medio ambiente. A meta: concienciar e educar ós mais mozos da importancia dun medio ambiente coidado. Para mostra o acto de hoxe que se celebrou na carballeira da vila un espacio verde idóneo para celebrar esta xornada.

    Pouco máis tarde, no Grove, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou a ampliación do orzamento para o plan director de conservación da rede natura. Unha comparecencia que tivo lugar no Complexo intermareal Umia Grove. Este plan, e fundamental é trátase da arma a través da cal o Goberno galego fará un investimento de 100 millóns de euros para o período 2007-2013 e co fin de garantir a protección e evitar o deterioro destes espacios. Pérez Touriño asegurou que ampliará nun 50% o espacio da rede natural 2000 e falou dos principais obxectivos desta iniciativa. O presidente da Xunta tamén adiantou que o plan clasificará os espacios da rede en cinco tipos e marcará catro niveis de uso acorde as características de cada área.

    Redacción Salnés