O conselleiro delegado de Nova Rumasa visitou a planta de Clesa en Caldas

    clesarumasa_060607__100.jpgCALDAS > Clesa ten xa novo dono. Trátase da empresa Nova Rumasa da familia Ruíz Máteos. Unha nova etapa ábrese…

    …agora para esta marca que segundo Jose María Ruiz Máteos fillo sufrirá unha profunda remodelación pero respetando os valores que xa ten esta marca. Ademais, o representante da familia desmentiu ós rumores que apuntaban a un posible recorte de plantilla da planta. Parmalat España pasa a ser agora propiedade da empresa Nueva Rumasa.

    O maior expoñente de esta marca en Galicia é a fabrica que Clesa ten en Caldas de Reis. Esta mañá o conselleiro delegado da empresa Nova Rumasa, José María Ruíz Máteos Rivero, vivitou ás instalacións da planta e mantivo unha reunión có comité de empresa. A compra dos activos de Parmalat España, que inclúe a Clesa entre outras marcas, ascende a 188 millóns de euros.

    Agora ponse en marca o mecanismo para cumprir ós obxectivos que se marcan dende a empresa para esta nova etapa.Ademais, Ruíz Mateos desmentía os rumores que falaban nos últimos días dun posible recorte na plantilla da fabrica e perfilou que a maquinaria para conseguir estas metas, xa está en marcha. O conselleiro delegado puido contar cun anfitrión de excepción, o empresario Andrés Quintá amigo persoal da familia Ruíz Máteos que acompañou ó seu amigo en todo momento.

    Redacción Salnés