![]()
VILAGARCÍA > En Vilagarcía a vida política sigue marcada pola necesidade do PSOE de chegar a un acordo de goberno coas dúas forzas de esquerda.
Na Perla de Arousa os resultados do día 27 obrigan ó PSOE a buscar apoios. Para iso reuniuse con tódalas forzas políticas que acadaron representación, anque é co BNG e con Esquerda Unida con quen ve máis opcións de goberno o candidato socialista Enrique León.
O alcaldable asegura que o PP tamén se amosou disposto a ‘ofrecer un goberno estable en Vilagarcía’, algo que León valorou como ‘moi positivo’ anque apostillou ‘unha cousa é velo ben persoalmente e outro é a realiade da vida’. Ivil, pola súa banda, amosou a súa intención de ser unha ‘oposición constructiva’, polo que as opcións para o PSOE son claras: o pacto tería que chegar da man do tripartito conformado por socialistas, nacionalistas e EU.
Os primeiros contactos foron satisfactorios pero, segundo León, aínda non se entrou en temas concretos, o que se fará a partir dos vindeiros días e xa de xeito máis privado co fin de chegar a un ‘pacto de gobernabilidade que garanta a xestión en Vilagarcía para os próximos catro anos’.
Redacción Salnés









