O Goberno local de Vilagarcía esixe expliacións a Autoridade Portuaria

VILAGARCÍA> O Goberno local de Vilagarcía esixe unha explicación á presidenta da Autoridade Portuaria pola sentenza do vertido de residuos no porto. Tamén piden tanto a Sagrario Franco como ao grupo municipal do Partido Popular que pidan desculpas a toda a vila.

O Goberno local de Vilagarcía valorou a sentenza contra a Autoridade Portuaria polos vertidos no recheo do porto. A portavoz dos socialistas considera que o proxecto foi unha aberración e expresou que á presidenta do Porto parece non importarlle o asunto.

A sentenza ademais de condenar con 20 mil euros ó Porto de Vilagarcía tamén ordena a reposición da legalidade. Tania García explicaba que tampouco saben como fará a Autoridade Portuaria para arranxalo.

A Portavoz do goberno local esixe a Sagrario Franco que dea unha explicación.

Dende o goberno local tamén esixen a presidenta da Autoridade Portuaria e a todo o grupo municipal popular que pidan desculpas tanto á vila como ó concelleiro Lino Mouriño, destituído no 2014 do consello de administración do órgano do porto por denunciar este proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí