Rianxo pasa a engrosar a lista de municipios de interese turístico

    declaracionintereseturisticorianxo_100_140607.jpgRIANXO > Rianxo converteuse no terceiro municipio do Barbanza considerado de Interese Turístico despois de que o Consello da Xunta aprobara a declaración.

    Son moitos os requisitos que debe cumprir un pobo para ser declarado de interese turístico, aínda que, sen dúbida, Rianxo reúneos todos. Entre eles, a importante afluencia de visitantes, os innumerables atractivos turísticos e a dispoñibilidade dos servizos públicos tales como rede de sumidoiros, recollida de lixo, seguridade e protección civil, ordenamento urbanístico, información turística e por riba de todo protección do contorno natural.

    Depois de que unha comisión de valoración, presidida polo director xeral de Turismo rubén Lois, comprobara o cumprimento de todas estas condicións, o Consello da Xunta aprobou hoxe a tan ansiada declaración que suporá imporatnte benificios para o municipio como son un criterio específico de prioridade nos beneficios que se poidan derivar dos planos de desenvolvemento e mellora do sector turístico que acometa a Xunta, a súa inclusión preferente nos planos provinciais de cooperación de obras e servizos e a prioridade na concesión de axudas para a promociónde programas turísticos locais.

    A nova foi acollida con gran satisfacción no concello rianxeiro que ve, nesta declaración, un pulo imporante para o desenvolvemento dos seus recursos turísticos.

    Tres de catro

    Rianxo vense sumar así á lista de concellos declarados de interese turístico, entre os que se atopan xa dúas localidades barbanzás, como son a Pobra do Caramiñal e Riberia.

    Este feito, volve poñer de manifesto o enorme potencial turístico de Arousa Norte que combina a súa riqueza paisaxística e medioambiental cunha ampla oferta cultural, gastronómica e de ocio, que a converten nun destino turístico de primeira calidade.

    Redacción Barbanza