Turismo e ARD Muros-Noia renovan a súa colaboración para promocionar o xeodestino

NOIA> A Axencia Galega de Turismo e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros Noia asinaron un convenio de colaboración para a promoción do xeodestino. Establece unha achega de preto de cincuenta mil euros para a potenciación conxunta dos cinco concellos que componen esta bisbarra. En total serán corenta e oito mil euros os fondos destinados pola Axencia Galega de Turismo para seguir a promocionar un dos destinos turísticos emerxentes con máis proxección. Baixo o nome da Ría da Estrela, os concellos de Porto do Son, Noia, Muros, Outes e Lousame acometerán unha serie de iniciativas conxuntas encamiñadas a mellorar os servizos da cara ós visitantes e poner en valor o seu rico patrimonio natural e cultural como recurso turísitco. Entre as accións a acometer, no marco desta terceira colaboración, destaca a creación dunha rede de museos con pasaporte ou unha ruta de sendeirismo que conecte ós cinco concellos da comarca. O turismo industrial, coa visita a conserveiras, fábricas de salazón, carpinterías de ribeira ou memos ó conxunto mineiro de San Finx, supón outro dos puntos fortes desta ría polo que o convenio sufragará tamén o deseño de itinerarios. A estas accións sumarase a edición de material informativo e promocional, a contratación dun arquivo fotográfico ou a futura creación dun Centro BTT.