O executivo noiés saca novamente a licitación a reforma do Campo da Feira

NOIA > O concello volveu sacar a licitación a remodelación do Campo da Feira, despois de que o concurso quedara deserto no seu día. O proxecto conta cun orzamento próximo ós 239 mil euros e un prazo de execución de doce meses.

As empresas interesadas en concorrer ó concurso deben presenta-las súas ofertas nun prazo de oito días naturais. O proxecto de remodelación do parque Rosalía de Castro, máis coñecido como ‘Campo da Feira’ entre os noieses, contempla a reforma integral deste espazo de lecer.

Está prevista a construción dun paseo perimetral, a instalación dunha fonte na zona central e a implantaciónd e casetas que albergarán cafeterías, oficina de información turística e quiosco. O presuposto base da actuación é de 238.800 euros e conta cun prazo e execución de doce meses.

A remodelación da alameda do campo da feira xa fora sacada a licitación o pasado mes de febreiro, sen que daquela conseguise esperta-lo interese de ningunha empresa. Os técnicos municipais procederon entón á revisión do proxecto para corrixi-los posibles fallos.

Agora, sae novamente a concurso o novo documento revisado con obxectivo de que poida ser adxiudicado canto antes e se faga efectiva a subvención concedida pola Deputación da Coruña para acometer esta obra.

Redacción Barbanza