Consternación en Muros pola morte do Domingos Dosil

    falecementodomingosdosil.jpgMUROS> O ex-rexedor nacionalista, que foi operado hai uns días para a extracción dun tumor, non puido superar as complicacións derivadas da intervención.

    {flowplayer}barbanza/falecementodomingosdosil.flv{/flowplayer}

    O falecemento do ex alcalde muradán, Domingos Dosil, foi recibido na vila con profundo pesar. Esta mañá eran moitos os veciños que aínda non coñecían a nova.

    Traballador incansable

    Ademais do labor realizado durante o seu mandato, entre o 2007 e 2011, o ex rexedor será recordado tamén polos seus compañeiros de filas como un traballador incansable no só a nivel político senón tamén persoal.

    A actual alcaldesa, Caridad González, quixo tamén ter unha lembranza para o seu antecesor no cargo e trasladar o pésame, en nome de toda a corporación, a familiares e achegados.

    Dor en COGAMI

    A morte de Domingos Dosil deixou tamén unha fonda dor no seo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, entidade que el mesmo fundou e da que foi presidente durante 17 anos, ata a súa elección coma alcalde de Muros. Dende este colectivo destacouse a figura de Dosil coma un exemplo de coraxe e constancia na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade tanto en Galicia coma no resto de España. Segundo o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, sen Domingos Dosil será imposible imaxinar a evolución social das persoas con discapacidade e do movemento asociativo que as representa.

    Homenaxe póstuma

    Dende COGAMI non se descarta unha homenaxe póstuma, xa que Dosil personaliza mellor ca ninguén os esforzos de milleiros de persoas por construír unha Galicia mellor para as persoas con discapacidade.

    Redacción Barbanza