RIANXO > As obras do parque empresarial de Te darán comezo a principios do próximo ano. Así o anunciou a xerente da sociedade Solo Empresarial do Atlántico, María do Porto, durante a visita realizada a Rianxo para informar desta actuación. O retraso na execucion dos traballos débese ás modificacións que experimentou o proxecto, motivadas fundamentalmente polo incremento do chan previsto inicialmente de sesenta mil metros cadrados ata trescentos corenta mil.
As autoridades locais e os reprensentantes dos grupos municipais seguiron con atención as explicacións de María do Porto, xerente da SEA, que é a empresa encargada da construción do polígono de Té, sobre a execución do proxecto.
As previsións apuntan a que as obras darán comezo a principios de 2007 se se respectan os prazos establecidos e non xurden problemas.
Ata o momento, o proxecto experimentou certa demora debido ó incremento de chan industrial solicitado polo executivo que obrigou a retrasa-los trámites. Sen embargo, segundo afirmou a xerente da SEA, a modificación puntual precisa para esta actuación será presentada na Xunta a finais deste mes.
O rexedor local, Pedro Piñeiro, solicitou a colaboración dos propietarios afectados no proceso de negociación dos terreos para evitar a expropiación. Hai varias semanas, técnicos do concello inicairon os contactos cos donos das fincas e, ata o momento, xa obtiveron o visto bo do cincuenta por cento dos afectados.
O executivo pagará 6’6 euros o metro cadrado que xa se comezarán a cobrar nas próximas semanas pero aínda queda pendente a negociación de maís de 75 mil metros cadrados.
Redacción Barbanza