A suba do canon de Sogama aprázase ata xullo do 2014

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/conveniosogama.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/CONSELLEIRO_SOGAMA.mp4{/flowplayer} SANTIAGO> A suba do 34 por cento do canon de Sogama non se aplicará ata mediados do ano que vén, pero non se descartan novos incrementos na taxa do lixo a partir do 2015. Este é o resultado da reunión que esta mañá mantiveron o conselleiro de Medio Ambiente e representantes da Fegamp. Deste xeito aténdese á demanda dos concellos que pedían unha aplicación gradual da suba. Os concellos galegos non terán que pagar a suba do canon de Sogama ata xullo do próximo ano. O conselleiro do Medio Ambiente e representantes da Fegamp acordaron esta mañá aprazar o incremento do 34% na cota do lixo seis meses, para que se reduza así ata a metade o impacto que suporía nas contas municipais do vindeiro ano. Lixeiro respiro por tanto ós concellos, que non implica que a partir de 2015 esa cota non poida volver a subir. Todo dependerá da forma en que peche a reforma do sector eléctrico. Os municipios da Fegamp valoraron positivamente o acordo e solicitaron a Hernández que a Xunta medie para que a reforma eléctrica non fecte ás primas por xeración de enerxía con fontes renovables. No tocante á futura ampliación das instalacións de Sogama en Cerceda, o conselleiro asegurou que están dispostos a contar coa Fegamp no debate aínda que só partirán dun condicionante: que se manteña a actual edificación.