RIBEIRA> Na experiencia, dirixida a persoas desempregadas, participan unhas quince persoas. Está subvencionado pola consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo ministerio de Emprego e Seguridade Social.
O obradoiro dual de emprego sobre cociña ‘O Pote’ iniciou esta mañá a súa andaina na Nova Escola de Hostalería de Ribeira situada no segundo andar do mercado municipal. Nel participan un total de quince alumnos traballadores, todos eles desempregados. Promovido polo Concello a iniciativa está subvencionado pola Xunta de Galicia. Na súa presentación, a secretaria da delegación territorial da Xunta na Coruña, Patricia Rodríguez, destacou que a formación é a mellor garantía para poder acceder a un traballo.
Un aspecto este no que tamén incidiu o alcalde, Manuel Ruíz.
A intención do executivo ribeirense é que unha vez remate o obradoiro seguir impulsando neste espazo novas actividades que redunden na formación e perfeccionamento do sector hostaleiro do municipio.