O Concello non acatará tódolos cambios do PXOM propostos pola Xunta

    plenocambados100_290607.jpgCAMBADOS > A Corporación Municipal debateu onte en pleno asuntos tan importantes como o PXOM ou os vertidos

    … e malos olores. Ambos temas foron expostos nunha batería de preguntas presentada pola oposición.

    O BNG de Cambados presentou no pleno unha batería de preguntas sobre o estado da tramitación do Plan Xeral. O alcalde explicoulle que o Concello e mailo equipo redactor levan meses traballando na contraproposta que se lle vai a presentar á Dirección Xeral de Urbanismo. Adiantou que non se acatarán tódalas modificación propostas pola Xunta, senón que tratarán de chegar a un acordo razoable, sen abusos e sen consentir que máis de 600 veciños queden coas súas vivendas fóra da ordenación, é dicir, ilegais.

    Onte tamén se falou do saneamento e dos malos olores, a instancias do PSOE. O alcalde insistiu en que estes malos cheiros se deben ós vertidos ilegais sen depurar que fan certas empresas á rede xeral de sumidoiros. Instou logo á oposición a sumarse ás denuncias presentadas desde o Concello, a Mancomunidade e a Consellería de Medio Ambiente. En relación coa depuradora de Tragove, o alcalde indicou que xa lle trasladou ós técnicos de Augas de Galicia o seu malestar e preocupación polos vertidos aparecidos na zona. Tourís opina que hai que mellorar algúns bombeos e ampliar o emisario submarino, como tamén reclama o PSOE.

    Redacción Salnés