Unha fonte-cruceiro do escultor Fandiño preside a praza de Vilalonga

    inauguracionfontecruceirovilalonga_100_290607__still_002.jpgSANXENXO > A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, inaugurou a fonte-cruceiro que se enclava na mesma praza de Vilalonga.

    Na Praza de Vilalonga celebrouse a bendición e inauguración da fonte-cruceiro obra do escultor Fandiño. A encargada de inaugurar este conxunto escultórico foi a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, rodeada de todo o seu equipo de goberno e do autor da obra.

    inauguracionfontecruceirovilalonga_200_290607__still_004.jpgA escultura conta cunha toma de auga provinte do manantial de O Revel. Nos seus laterais rememóranse paisaxes típicas da parroquia e sobre a plataforma eríxense dúas figuras que representan a tradicional extracción de barro. O cruceiro culmina coa imaxe da virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, e a de San Pedro e Santo Tomé, dous patróns da parroquia. O tempo adicado a elaboración deste conxunto escultórico foi de dous meses e medio e o presuposto destinado a esta obra ascendeu a case 70.000 euros.

    Ó remate do acto a corporación desprazouse ate a igrexa parroquial onde asistiron á misa e á procesión celebradas en honor a San Pedro.

    Redacción Salnés