Unha muller ferida de gravidade tras sufrir un atropelo

    atropelo copia100.jpg VILAGARCÍA> A muller atópase ingresada en estado grave no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

    {flowplayer}images/salnes/ATROPELO_GRAVE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Unha muller de mediana idade, veciña da parroquia de Rubiáns, resultou ferida de gravidade despois de ser atropelada onte en Vilagarcía. O suceso produciuse ó redor das once da noite, no punto quilométrico 232 da nacional 640, na saída da capital arousá cara Pontevedra, no límite co concello de Caldas. A muller, que camiñaba pola beira da estrada na compaña do seu marido de volta a casa, foi atropelada por un vehículo Golf conducido por un matrimonio do lugar. O choque produciuse no momento no que a vítima ía cruzar neste tramo de reducida visibilidade, polo que quedou tendida no carril do medio de subida cara Vilagarcía. Alí foi atendida polo seu marido e varias testemuñas do suceso, que intentaban parar o tráfico.

    Ata o lugar dos feitos desprazáronse os servizos de emerxencias, que intentaron reanimar á muller durante media hora. A pesares de que nun primeiro momento foi trasladada ó Hospital do Salnés, a gravidade do seu estado obrigou a derivala ó Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

    Redacción Salnés