O BNG presenta alegacións ó proxecto de rexeneración das Xunqueiras

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/bngpobraalegacionsxunqueiras0406141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/bngpobraalegacionsxunqueiras040614.mp4{/flowplayer} POBRA> Entre as alegacións presentadas figura a solicitude de conservación das naves industriais que conforman o denominado ‘Barrio dos Cataláns’. Este é o momento no que os membros do BNG pobrense facían entrega, no rexistro xeral do concello, das súas alegacións ó proxecto de rexeneración das Xunqueiras. Despois de analizada toda a documentación relativa a esta actuación que promove o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Demarcación de Costas en Galicia, os nacionalistas presentan un total de seis alegacións, entre as que se atopa a prohibición de demolición das actuais naves alí existentes, ó considerar que se trata dun ben a protexer que mesmo aparece recollido como elemento a conservar no PXOM. Aínda que sinalan que se trata dun proxecto de gran importancia, que mesmo eles veñen reclamando e defendendo dende hai tempo, consideran que debe mellorarse, incluíndo tamén a recuperación da ponte de San Antón cos materiais e o deseño primitivo, a eliminación de tódalas especies invasoras existentes ou que se aumente a superficie de actuación prevista, entre outras. O prazo de presentación de alegacións ó proxecto iniciouse o pasado 9 de maio e rematará este próximo venres. Segundo informaron fontes do propio concello pobrense ata o de agora tan só hai presentadas dúas alegacións, as realizadas polos dous grupos da oposición, BNG e Partido Socialista.