A festa da ameixa de Poio comezará o venres co concerto de Cristina Pato

festaameixa_100_100_180707__still_001.jpgPOIO > No concello de Poio está a piques de comezar a festa da ameixa por vixésimo ano consecutivo. Esta edición coincidirá …

… coa procesión do Carme en Campelo o que se espera que atraia a un maior número de xente. Nas instalacións do Casal de Ferreirós presentouse hoxe a programación da festa da ameixa de Campelo deste ano. Segundo o concelleiro de Turismo e Festexos, Xosé Luís Martínez , a festa seguirá mantendo ós seus asistentes fieis pero tamén atraerá os turistas que se atopan pola zona.

 Os festexos comezarán o venres 20 co concerto da gaiteira Cristina Pato. O pregón correrá a cargo do humorista Xosé Lois Bernal, máis coñecido como Farruco, o sábado ás nove das noite. Tamén o sábado será a apertura da carpa de degustación na Praza da Granxa, á mesma hora que o domingo 22. As tapas terán un prezo razoable, poderanse degustar as ameixas con fideos e con fabas por 6 euros, á mariñeira por 7 euros e os mexillóns ó vapor por 3 euros. Para acompañar venderase viño albariño, caíño ou ribeiro, auga, refrescos ou cervexa. As festas durarán ate o domingo e incluirán actuacións musicais polas noites, a festa da bicicleta o domingo ás 10:30 e a V competición de traíñas o sábado ás 18:00 horas.

Este ano espéranse superar os 700 quilos de ameixa vendidos na edición anterior.

Redacción Salnés