Nova polémica no Son, esta vez polo recibo do catastro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/concelloportodosonpolemicacontribucion3110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/concelloportodosonpolemicacontribucion311014.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> O executivo acusa ó grupo municipal do BNG de querer alarmar ós veciños no referido á entrada en vigor da nova ponencia de valores catastrais. Por esta razón dende o equipo de goberno non entenden os motivos que están a levar ó grupo municipal do BNG a querer alarmar ós veciños sobre este asunto, facéndolles chegar unha información, ó seu xuízo, falsa. Para darlle unha maior información ós veciños, o concello vai desenvolver varias reunións informativas. Serán na casa de cultura de xuño o vindeiro xoves ás oito da tarde; e nas casas de cultura de Portosín e Porto do Son o próximo venres, a primeira ás sete e media da tarde e a segunda unha hora máis tarde, ás oito e media. Dende o BNG negan estas acusacións, sinalando que o que están a facer eles é informar e non alarmar ós veciños. Dende a formación frentista aluden a que é o concello o que está a ocultar información ós veciños, que a partir do ano 2016 e ata o ano 2023 van observar coma os recibos da súa contribución se incrementarán cada ano un 10%. Por esta razón o BNG levará a pleno unha moción solicitando unha moratoria dun ano para a entreda en vigor na nova ponencia de valores catastrais co fin de facer un estudo pormenorizado sobre o seu contido, corrixindo as causas das posibes sobrevaloracións nos bens inmobles. O BNG denunciou tamén o que está a acontecer con moitas Comunidades de Montes ás que lles están a chegar recibos de contribución, descoñecendo de que os montes están exentos de ter que pagar este imposto.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí