A festa do bacallao de Vilagarcía comezará o día 24 de xullo

festabacallaovilagarcia_100_190707__still_001.jpgVILAGARCÍA > O Concelleiro de Cultura e Tenente Alcalde, Castro Ratón, acompañado pola Concelleira de Turismo, Rosa Abuín, …

… o presidente da Asociación Amigos de Galicia, Jesús Justo, e o periodista e membro da mesma, Luis Rial, presentaron hoxe en rolda de prensa o programa da sexta edición da festa do bacallao de Vilagarcía. Este ano o inicio da festa coincidirá coa véspera do día de Santiago e alongarase ate o domingo 29. A lectura do pregón correrá a cargo do ex-concelleiro de Cultura, Roberto Araújo, as 13:30 do martes dando lugar á apertura da degustación.

Como novidade e para promocionar os productos galegos nesta edición o concello introduciu ademais receitas de peixes das nosas costas. Cada día estará adicado a un tipo de peixe: o 24 será o día do xurel, o 25 o do bocarte, o 26 o da xouba, o 27 o da xarda e o 28 o da faneca. Para rematar, o domingo poderanse degustar todos eles ademais do famoso prato de bacallao. A degustación será tódolos días ás 13:30 horas e ás 20:00 horas na Praza da Peixería onde se cociñarán ó redor de 6.000 quilos de peixe. A comida estará amenizada por diferentes grupos folclóricos, a meirande parte deles de Vilagarcía. Tamén dende a Praza da Peixería se celebrará a hora golfa con Luís Rial en directo para Radio Galega o venres entre a unha e as tres da madrugada.

Redacción Salnés