Música de gaita e de banda para celebrar o Día das Letras Galegas

concertoletras_ptac100.jpgVILAGARCÍA> O gaiteiro de Treixadura, o cambadés Xaquín Xesteira participará este luns no tradicional concerto que ofrece a Banda de Música …

{flowplayer}images/salnes/concerto_letras_galegas.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O gaiteiro de Treixadura, o cambadés Xaquín Xesteira participará este luns no tradicional concerto que ofrece a Banda de Música de Vilagarcía con motivo do Día das Letras Galegas. Tamén haberá unha parella de baile. Do que se tratou foi de facer realidade para ese día o maridaxe entre a música da banda e o instrumento de referencia en Galicia: a gaita.

A agrupación dirixida por Jesús Nogueira interpretará peza de compositores galegos, como os irmáns Groba, Bernardo del Río, Xosé Lois Represas, ou o propio Xaquín Xesteira. O luns soarán logo no auditorio xotas, muiñeiras, foliadas, rumbas, pasarrúas e marchas. O concerto comezará ás oito e media da noite e a entrada será libre e de balde.

Redacción Salnés