![]()
VILAGARCÍA > O Concello e os afectados elaborarán un inventario para previr problemas derivados das chuvias nas circunvalacións…
… A alcaldesa, Dolores García, e os edís de Urbanismo e Obras e Servizos reuníronse onte cos representantes veciñais das zonas afectadas por estas obras.
Crear unha mesa de traballo e elaborar un inventario de problemas derivados das chuvias na circunvalación. Foi o principal acordo ó que se chegou na reunión mantida onte no Concello de Vilagarcía. A alcaldesa Dolores García, o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Abuín, e o de Obras e Servizos, Manuel Rodríguez Cuervo, sentáronse á mesa cos representantes veciñais das zonas polas que discorren as circunvalacións.
Os políticos explicáronlles con planos e documentación, e co apoio dos técnicos municipais, como van afectar estas obras á súa vida diaria pero tamén escoitaron as inquedanzas dos propios veciños. Con esta reunión, o Concello pretende recompilar os asuntos que haxa que repoñer ou rectificar para previr futuros problemas. Os edís indicaron ademais que trasladarán estas inquietudes tanto á Subdelegación do Goberno en Pontevedra como á Consellería de Política Territorial nunha vindeira reunión programada para dentro de poucos días.
Redacción Salnés







