Os socialistas dan por rematada a crise trala súa asemblea en Vilagarcía

    asembleapsoevilagarcia100_230707.jpgVILAGARCÍA > O PSOE considera que saíu fortalecido da crise polo caso León. Así o sinalaron despois da asemblea celebrada…

    … o pasado venres. Segundo indicaron os responsables do partido, houbo criticas, a maioría constructivas, e ademais púxose de manifesto que se lle garda cariño a Enrique León e que a nova alcaldesa conta con todo o apoio.

    asembleapsoevilagarcia200_230707.jpgO PSOE de Vilagarcía pasa páxina na súa crise pero cun bo recordo para Enrique León. Segundo afirman os responsables local e provincial do partido, na asemblea celebrada o venres ninguén culpou ó candidato de enganar ó partido, nin pediu responsabilidades abertamente ós membros da executiva. O secretario local Lino Mouriño lembrou que ‘o partido ten mecanismos para que a asemblea pida responsabilidades pero non houbo petición clara de dimisión’. Ademais, o coordinador provincial Modesto Pose indicou que na asemblea se puxo de manifesto que ‘Enrique León é unha persoa querida e apreciada polos compañeiros’. E engade que ‘foi un candidato do que gardan cariño e do que se senten orgullosos por presentarse polo PSOE’.

    Os socialistas afirmaron que na asemblea recibiron algunhas críticas, pero que a maioría foron constructivas, e que non houbo ninguén que trasladase o seu resentimento cara Enrique León. Consideran que o partido saíu incluso fortalecido desta crise, ‘somos como un xunto, sobramos pero non rompemos’, sinalou Lino Mouriño.

    Tamén destacaron o cariño co que os militantes recibiron á alcaldesa Dolores García e ó grupo municipal. Segundo lembrou Modesto Pose, un militante dicía na asemblea de Dolores García que ‘naceu unha estrela, eu non seu se naceu unha estrela ou non, pero é unha estrela que brilla pola súa sinxeleza, proximidade, responsabilidade e capacidade de traballo’. A propia Dolores García agradeceu este apoio e quixo deixar claro ós vilagarciáns que ela e o seu equipo levan traballando no Concello xa desde o primeiro día, ‘primeiro como concelleira e agora como alcaldesa’, e sinalou que prefire ‘deixarlle ó PP que siga enredando’.

    Redacción Salnés