O PSOE abandoa o pleno dos presupostos

    psoe_vaise100_251108.jpgVILANOVA > O PP fixo valer a súa maioría no pleno extraordinario no que se debateron os presupostos de 2009, e que comezou co abandono do PSOE.

    {flowplayer}images/salnes/presupostovilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > O PP de Vilanova fixo valer a súa maioría no pleno extraordinario no que se debateron os presupostos de 2009. Unha sesión que non estivo exenta de polémica, con insultos e descualificacións persoais, e que comezou co abandono do PSOE.

    O PSOE de Vilanova criticou o escaso tempo que lles deu o alcalde para estudar os presuposto e sen sequera chegar a votar a urxencia do pleno, os edís abandonaron a sala. O alcalde cualificounos de indios por este comportamento. Si quedou o BNG que, co informe da Interventora diante, describiu os orzamentos como carentes de prudencia, irreais e precipitados. Carmela Alfonso lembrou que hai un remanente de tesourería negativo de máis de 2 millóns de euros, estimou o déficit nuns 4 millóns e medio e censurou que se inflasen os ingresos.

    Durán explicoulle que en 6 meses as empresas que se asenten en Baión terán que ter licenza, segundo Vivenda e Solo, e que, tendo en conta o volume de edificación industrial previsto pola Xunta, os ingresos previstos polo Concello incluso se quedarán curtos. O alcalde argumentou a urxencia en aprobar os presupostos por mor da crise e para poder facer gasto social a partir de xaneiro.

    Redacción Salnés