![]()
RIBADUMIA > O Concello investirá 140.000 euros para promover a cultura e o deporte. A partida inclúese nos orzamentos deste ano …
… e que se levarán a pleno o xoves. A cantidade destinada a ambas concellerías veuse incrementada, sobre todo, pola programación do novo Auditorio, o apoio ó deporte base e á mellora de numerosas instalacións deportivas.
A Concellería de Cultura de Ribadumia contará este ano cunha partida de 100 mil euros, que permitirá financiar toda a actividade cultural, as subvencións ás asociacións locais e o mantemento das instalacións. A partida destinarase tamén a dotar de contido ó Auditorio de Santa Eulalia, cunha programación variada e atractiva para tódolos públicos. Tamén se reservará unha cantidade para crear unha praza de técnico en cultura, para a sala de lectura de Barrantes, ou para a Escola de Música de Ribadumia.
Pola súa banda, a Concellería de Deportes, contará con 40 mil euros para financiar as actividades impartidas polo monitor do Concello, o mantemento da piscina municipal, a organización de torneos deportivos e axudas ós clubs, sobre todo para a promoción do deporte base. Nesta partida inclúense as novas actuacións que se levaron a cabo este ano, como o parque de exercicios para a terceira idade, a mellora dos campos de fútbol de Leiro e Barrantes ou as pistas polideportivas de Lois e A Piolla.
Redacción Salnés











