Apareceu en Pontecesures o coche do párroco de Padrón

    PADRÓN> A Garda Civil localizou o vehículo roubado o pasado luns ó cura de Padrón, Ramón Barral, despois do asalto á casa reitoral de Cruces. O coche apareceu en bo estado, non moi lonxe de alí, na localidade veciña de Pontecesures, en pleno centro urbano, preto da coñecida discoteca Maty. A policía xudicial busca agora pegadas que puideran levar a dar co paradoiro dos tres autores do asalto á vivenda na que perdeu a vida a propia asistenta do párroco. As sospeitas apuntan a que algún dos asaltantes puideran ser coñecidos, principalmente o que ía encapuchado.