A Deputación compromete a continuidade de A Segorella

    segorella100_240707.jpgRIBADUMIA > Meis, Meaño e Ribadumia poderían ter rematada en 2008 a recuperación do seu patrimonio, a lo menos, …

    … no que respecta a muíños e rutas naturais. Así o afirmou hoxe o presidente da Deputación tras comprometer unha nova subvención para continuar o vindeiro ano o proxecto Segorella xunto coa Mancomunidade do Salnés.

    segorella200_240707.jpgOs alumnos do proxecto de Rehabilitación de Muíños A Segorella atópanse nestes intres recuperando un muíño na parroquia ribadumiense de Lois. As actuacións foron inspeccionadas hoxe polo presidente da Deputación e mailos alcaldes de Ribadumia, Meis e Meaño.

    O proxecto está en marcha desde maio e ó longo deste ano dedicará un mes a cada un deses concellos. En Meis está proxectada a reconstrucción dun edificio para o seu uso como área de servizo no entorno dos muíños de San Martiño e a rehabilitación do muíño dobre de Jarete e Montado. En Ribadumia, ademais deste muíño de Abaixo en Lois, restaurarase o muíño de Tabeirós en Sisán. Mentres que en Meaño melloraranse os muíños de Picón. A Segorella tamén lle dará continuidade ó acondicionamento dos paseos fluviais existentes nestes contornos, e ás rutas.

    A Mancomunidade recuperou o proxecto Segorella grazas a unha subvención de 300 mil euros da Deputación de Pontevedra. O presidente do organismo Rafael Louzán afirmou que o obradoiro terá continuidade o vindeiro ano, ‘o que permitirá que en 2008, os tres concellos teñan recuperado boa parte do seu patrimonio’. En anteriores edicións o Obradoiro de Emprego A Segorella restaurou 35 muíños nestas zonas interiores do Salnés e creaou catro paseos fluviais.

    Redacción Salnés