Valoración positiva para o Obradoiro de Hostalería de O Salnés na súa primeira edición en Sanxenxo

    SANXENXO> As novas instalacións do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade de O Salnés contribúen a confirmar a este obradoiro como de referencia no sector. A escasos dous meses da súa clausura, dende a organización afirman que esperan a colocación do 100% da promoción. 

     

    Membros da Mancomunidade de O Salnés e o concello de Sanxenxo, a escasos dous meses da clausura do Obradoiro de Hostalería da corporación, fan un balance moi positivo do mesmo. 

    Este ano é o primeiro no que esta actividade formativa se empraza en Sanxenxo. Unha elección que ten que ver tal e como asegurou o alcalde da vila coa mellora das instalacións, e por suposto co municipio, que é un referente turístico na comunidade. 

    Na actualidade estanse a formar un total de 20 alumnos nestas instalacións, divididos en dous grupos en canto a formación que reciben; cociña ou sala. Para que esta formación sexa o máis axustada posible a realidade, nas instalacións de Sanxenxo viñéronse desenrolando durante os últimos catro meses comidas con touroperadores internacionais. 

    Dado o éxito do Obradoiro de Hostalería de O Salnés, a intención da mancomunidade e ampliar as prazas dispoñibles para alumnos en vindeiras edicións do mesmo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/hostaleria_mancomunidade_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/hostaleria_mancomunidade_sanxenxo.mp4{/flowplayer}