Circo Galtük o domingo no Auditorio

    5

    circo_galtuk_100.jpgVILAGARCÍA> Circo Galtuk chega a Vilagarcía o domingo para tódolos públicos. No Auditorio Municipal, a partir das 6 da tarde e dende 11 €

    Circo Galtük fusiona circo, danza e teatro e conta ca participación de grandes artistas, algúns deles, colaboradores do Circo do Sol. Concello e Caixanova queren desta volta, ofrecer un espectáculo para todos os públicos. A Compañía Festa Escénica ofrece un show que sen dúbida sorprenderá aos espectadores. No Auditorio poderase gozar do prestixioso espectáculo europeo que naceu en 1995 en Argentina, pero hoxe, están xa establecidos na Comunidade, concretamente en Baiona.

    Amais da riqueza interpretativa, tamén destaca a parte audio visual do espectáculo. Circo Galtük é unha obra de primeiro nivel que estará ao alcance de calquera aos prezos de 11, 13 ou 15 €. Como de costume, a venda de entradas na web de Caixanova, no teléfono 902 504 500 ou no despacho de Auditorio.

    A protagonista da montaxe é unha intrépida nena que a bordo da súa cama, viaxa a través dos soños, da man de peculiares personaxes e fantásticos animais. O éxito está garantido, gustará tanto a cativos como a maiores. O domingo, ás seis da tarde, no Auditorio Municipal.

    Redacción Salnés.

    COMPARTIR