![]()
VILAGARCÍA > Os equipos vilagarciáns de baloncesto e atletismo que participaron nos Xogos do Eixo Atlántico acadaron moi bos resultados.
Un sinxelo acto no salón noble de Ravella serviu para recoñece-lo bo traballo feito polos deportistas vilagarciáns que acudiron ós Xogos do Eixo Atlántico celebrados nos últimos días en Vila Nova de Gaia, Portugal. 
A alcaldesa, Dolores García e a presidenta da Fundación Municipal de Deportes, Victoria Hierro, recolleron ademais os diplomas conseguidos polos deportistas locais.
A primeira en entrega-lo seu trofeo á alcaldesa foi Alejandra Nogueira, capitana do equipo de baloncesto feminino que acadou o terceiro posto.
Segundos foron os mozos do equipo masculino en cuxo nome entregou o trofeo Carlos Caeiro, que destacou a calidade dos equipos contrincantes.
Finalmente a alcaldesa felicitou ós membros do equipo de atletismo de persoas con discapacidade: Xoana Somme, que quedou terceira, e Benito Padín e Milagros Iglesias que foron segundos. Xunto con eles estaba Korai Burés, que tamén acadou un terceiro posto en atletismo e faltaba un segundo premio, Damián González que non puido estar.
A alcaldesa felicitounos a todos polos éxitos acadados para a vila e desexoulles grandes éxitos na súa vida deportiva.
Redacción Salnés








