![]()
VILAGARCÍA > O sábado 28 de xullo celebrarase a cuarta edición da Carreira Popular Nocturna.
A organización espera supera-los 250 corredores do ano pasado e para iso preparou un interesante premio de 1.000 euros que repartirá entre os primeiros clasificados nas categorías de adultos que terán ademais trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría, para os tres primeiros absolutos e para os mellores vilagarciáns masculino e femenino.
As categorías inferiores recibirán unha medalla pola súa participación e terán un percorrido menor, que irá dos 100 ós 3.000 metros. A saída para eles está prevista para as 21:00 h. Os maiores de 15 anos deberán correr 7.000 metros con saída ás 22:45 h. da Praza de Galicia. As inscricións xa están abertas e poden facerse na Fundación Municipal de Deportes ata o venres, anque tamén se poden enviar por fax ó número 986.50 11 09 ou por mail a JMDOVAL@VILAGARCIA.ES.
Redacción Salnés








