O Museo do Viño recibe documentación do fundador da Festa do Albariño

documentacionalbarino100_310707.jpgCAMBADOS > O Concello recibiu unha valiosa documentación de mans de María Victoria Quintanilla, filla de Bernardino

… Quintanilla, primeiro organizador da Festa do Albariño. Trátase de máis de cincuenta documentos, a maioría deles manuscritos, pero tamén artigos de prensa escritos por Quintanilla, como o titulado ‘Actitude ante la vida’, que curiosamente publicou un mes antes da súa morte a consecuencia dunha enfermidade fulminante.

documentacionalbarino200_310707.jpgO legado inclúe esta máquina de escribir, coa que se fixeron as primeiras invitacións á Festa do Albariño aló polo ano 1953. Tamén hai fotografías que recollen momentos das catro primeiras edicións desta celebración, que arrancou con aquela cea de 50 persoas na casa de Ángel Bordana.

A maior parte deste legado irá para a sección dedicada á Festa do Albariño no Pazo de Torrado, aínda que algúns documentos, sobre todo os manuscritos, irán para a biblioteca do Museo do Viño, en Santa Mariña. A directora da Rede de Museos de Cambados, Rocío Acha, calcula que a mediados de agosto, coincidindo coa Festa Europea do Viño, o público xa poderá ver esta documentación.

Redacción Salnés