A POBRA> O concello da Pobra busca unha solución integral ós problemas que presenta o paseo dos Areos, con risco de derrube en varios treitos. Nunha próxima reunión coa Demarcación de Costas, o alcalde da Pobra proporá retomar o proxecto que contemplaba a demolición da maior parte da estrutura para a recuperación do espazo natural.
A pasada semana, o concello da Pobra víase na obriga de pechar varios treitos do paseo dos Ares ante o risco de derrubamento. A estrutura atópase moi danada pola erosión provocada pola acción do mar e os temporais que deixou algúns tramos da pasarela practicamente no aire. A solución non é doada posto que son varias as administracións con competencias na zona aínda a principal responsable é a Demarcación de Costas quen acometeu a súa construción e mantemento.
Nesa xuntanza, o alcalde proporá a demolición de boa parte do paseo e a recuperación do espazo natural no entronque coas Xunqueiras, tal e como recolle o proxecto inicialmente plantexado por Costas.
Dende o concello entenden que debería acometerse unha actuación integral en lugar da reconstrución dos treitos afectados posto que, ó tratarse dunha zona moi exposta á acción das mareas, o problema persisitirá.











