A Xunta ampliará o IES Armando Cotarelo con seis novas aulas pensando na FP básica

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/conselleiro_educacion_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/conselleiro_educacion_vilagarcia.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Visita do Conselleiro de Educación a Vilagarcía. Román Rodríguez comprobou sobre o terreo as necesidades do IES Armando Cotarelo Valledor, un centro que actualmente conta con máis de 1000 alumnos. A Xunta prevé incrementar a superficie do instituto con seis aulas máis, pensando principalmente na implantación da FP básica.

Con máis de 1.000 alumnos nos seus pasillos, o IES Armando Cotarelo Valledor queda pequeno. Atendendo ás reclamacións da súa dirección, a Xunta ven de comprometer a súa ampliación.

Os novos espazos albergarán catro talleres e unha aula de usos múltiples, que se destinarán ao ensino da FP básica.

As obras comezarán este verán e, ao executarse con fondos FEDER, terán que estar rematadas antes de finais de ano. O que aínda terá que agardar, será o posible aumento do profesorado.

Na súa visita, o conselleiro pronunciouse tamén sobre o futuro das escolas unitarias. Román Rodríguez quixo ser prudente. Insistiu en que aínda se está na fase da preinscrición, polo que se descoñece a demanda que terán o vindeiro curso.

O conselleiro recordou o criterio que está a marcar as decisións da Xunta ata o de agora, que contempla o peche das unitarias con menos de seis nenos.