A Deputación prevé rematar en setembro o aparcamento da Garda Civil

    obrasgardacivil100_310707.jpgPONTEVEDRA > O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou hoxe as obras do parking da Comandancia da Garda Civil

    … que está acometendo a entidade provincial.

    A Deputación de Pontevedra prevé rematar en setembro as obras do aparcamento da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. A nova área de estacionamento ten uns 2.100 metros cadrados, levará xardíns ós lados e terá unha capacidade para máis de 100 prazas. Estará listo para setembro deste ano, unha vez que se poña a capa de rodadura e se pinte a sinalización horizontal. A explanada actual acometeuse nunha semana, e rematarase o día 2 de setembro.

    As obras do aparcamento foron acometidas con maquinaria pesada de Deputación, que aportou ademais os materiais e o persoal necesario. Estas obras veñen a solucionar o problema de aparcamento que tiña a Comandancia, xa que agora poderán aparcar os gardas civís e as persoas que acudan alí para calquera trámite. Actualmente a Comandancia está xestionando o traslado do departamento de tráfico ás dependencias, pero iso non será viable ata que se traslade a cementeira que se atopa nas inmediacións.

    Redacción Salnés