O bipartito proponse 16 medidas urxentes para os vindeiros 100 días

    comisiongobernopontevedra100_010807.jpgPONTEVEDRA > A primeira reunión da Xunta de Goberno, tralo pacto BNG – PSOE saldouse coa aprobación dun paquete

    … de 16 medidas urxentes, que deberán executarse nos vindeiros cen días. Entre os obxectivos está darlle solución ó tráfico no centro urbano, e para iso iniciarán a tramitación da ronda urbana interior e da nova ponte sobre o Lérez.

    comisiongobernopontevedra200_010807.jpgUn paquete de dezaseis medidas urxentes. Isto foi o que deu de si a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra na súa primeira reunión como goberno de coalición. Fortalecer o aparato administrativo, impulsar proxectos pendentes con outras administracións e por enriba da mesa novos proxectos en materia de equipamentos e infraestructuras, son as tres áreas importantes que se recollen nesta relación de actuacións, segundo apuntou o edil de Promoción Económica, o socialista Antón Louro. Pola súa banda, o edil de Ordenación do Territorio, o nacionalista César Mosquera explicou que esta lista de medidas se fixo co criterio de que se poidan efectivizar nos vindeiros cen días.

    Louro indicou que un dos obxectivos do goberno local é darlle solución ó tráfico no centro. Así no paquete de medidas figura, por exemplo, o inicio da tramitación de tres proxectos relativos á mellora do tráfico: a exposición pública urxente do Estudo de Espazos Públicos, como impulso ó novo plan de tráfico; a Ponte das Correntes; e a ronda urbana interior. Esta última xa ten a fase de elaboración practicamente acabada e nos próximos cen días esperan poder remitir a documentación á Consellería de Medio Ambiente para que realice a avaliación ambiental estratéxica e poder iniciar o proxecto máis correcto, tendo en conta que afectaría a algúns ríos e á rede ferroviaria que pasa pola cidade.

    Na reunión acordouse tamén manter a Anxos Riveiro como portavoz do goberno, mentres que a portavoz suplente será Margarita Castejón. Ademais falouse da orde do día do vindeiro pleno, que será xa o de organización. Mañá constituiranse as comisións que logo han de ser convocadas, e espérase poder celebrar a sesión plenaria a finais da vindeira semana.

    Redacción Salnés