Máis chan industrial para reactivar a economía

    macropoligono.jpgBARBANZA> O BNG do Barbanza critica a paralización da construción do macropolígono comarcal, proxecto liderado polo anterior goberno bipartito.

    {flowplayer}barbanza/macropoligono.flv{/flowplayer}

    Por terceira vez en menos de ano e medio, o BNG volverá a levar ó Parlamento unha iniciativa reclamando a posta en marcha dun proxecto que consideran de vital importancia para a comarca do Barbanza, como é a construción do macropolígono.

    ‘Grave erro’

    A deputada, Ana Pontón, sinalou que a paralización dun proxecto desta envergadura nun contexto como o actual de crise económica é un grave erro, máxime cando existen empresarios que demandan chan industrial para poder levar adiante os seus proxectos empresariais. Segundo ela medidas como esta axudarían a reactiva-la economía desta comarca.

    As voceiras do BNG en Ribeira e Pobra do Caramiñal, Dominga Brión e Rosana Pérez, respectivamente, respaldaron tamén a iniciativa, dado a falla de chan industrial existente nestes dous concellos, mandando unha mensaxe clara ós seus rexedores, despreocupados por esta actuación en clara sintonía co escaso interese que amosa tamen por este proxecto a actual Xunta de Galicia.

    Redacción Barbanza