18 cativos de Vilagarcía visitan os muíños de auga de Barrantes

    nenosmuios_100__010807__still_001.jpgRIBADUMIA > A ruta fluvial ó longo do río Grande que conta cun total de 6 muíños rehabilitados foi hoxe o lugar de visita dos cativos …

    … apuntados na Aula de Natureza de Vilagarcía. Con esta iniciativa preténdese que os nenos coñezan as zonas naturais e culturais próximas a Vilagarcía. Os nenos contaron coa colaboración dunha guía que lles foi explicando paso a paso todo o percorrido de case 2 quilómetros que ten a zona.

    Os 18 rapaces de entre 8 e 12 anos amosáronse interesados polas explicacións e aprenderon rapidamente cal era o funcionamento e as partes que compoñen estas construccións. Mañá volveranse achegar ate alí outra quenda de 18 nenos garzas a esta mesma Aula de Natureza.

    Esta ruta ten o seu punto de inicio no lugar da Torre da parroquia de Barrantes en Ribadumia e está aberta gratuitamente a todo o que a queira visitar. Os interesados en ver o funcionamento destes muíños poderán facelo tódolos domingos e festivos nos que un muiñeiro ofrece ós visitantes a posibilidade de ver como se fai a fariña.

    Redacción Salnés