Un axente da Policía Nacional de Ribeira dá positivo por coronavirus

RIBEIRA> Un axente da comisaría da Policía Nacional dá positivo por coronavirus. A nova foi confirmada polo Sindicato Unificado da Policía, o SUP. Segundo informaron dende o sindicato o seu estado é bo, permanece estable na súa casa, illado e cun seguimento diario por parte do persoal sanitario. Parece ser que se trataría dun caso importado. Os seus síntomas iniciáronse ó regreso dunha viaxe que realizou hai varias semanas a fóra de Galicia. Por seguridade decidiu illarse tamén a tódolos seus compañeiros, principalmente aqueles que tiveron un contacto directo con el. Na actualidade, ademais do de Ribeira, hai confirmados once positivos máis en axentes da Policía Nacional en toda Galicia, un deles en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí