RIANXO> A Federación Provincial de Comercio da Coruña celebrará este mércores a segunda Gala do Comercio que se desenvolverá a partir das dez e media da noite no auditorio municipal de Rianxo. Esta gala dá continuidade á celebrada a pasada semana en Ferrol e ten por obxectivo dar cobertura a todo o comercio da bisbarra barbanzá. Durante o acto proxectarase un video publicitario para o fomento do consumo de produtos españois e posteriormente farase entrega dunhas placas conmemorativas en recoñecemento a trece comercios da comarca pola súa traxectoria. O acto finalizará coa actuación do grupo Amizades. Ademais dos representantes do empresariado da comarca e as autoridades locais, asitirán á gala o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía, Sol Vázquez.
Inicio Barbanza - Muros - Noia