A Policía Local da Pobra recuperará o servizo nocturno no verán

    presentacionauxiliarespobra.jpgPOBRA> A medida será posible grazas ó reforzo da plantilla coa incorporación de cinco axentes auxiliares.

    {flowplayer}barbanza/presentacionauxiliarespobra.flv{/flowplayer}

    O alcalde, Isaac Maceiras, xunto co edil responsable da Policía Local, Manuel Fontao, e o xefe do corpo, Ramón Valiño, presentaban en rolda de prensa ós cinco novos auxiliares que durante os meses de verán se incorporarán como reforzo á plantilla da Policía Local. Con eles o número de axentes incrementarase ata os once. No acto de presentación desexáronlle os maiores éxitos durante o tempo que permanezan ó servizo do municipio, mostrándolles ademais a súa total confianza no desempeño do seu labor, que non será outro que reforzar as gardas nas praias e controlar o tráfico no casco urbano.

    Servizo 24 horas

    Con estas cinco incorporacións, o executivo pobrense pretende volver a poñer en funcionamento o servizo nocturno que ata o de agora non se realizaba por falla de persoal e que será desempeñado por dous axentes.

    Ata finais de setembro

    Os novos axentes xa comezaron a realizar estes días os seus labores de vixilancia. O seu traballo está previsto que se prolongue ata pasadas as festas do Nazareno.

    Redacción Barbanza