Boiro acolle unha velada de boxeo cos profesionais máis destacados

    veladaboxeo_100_080807.jpgBOIRO > O pavillón de Barraña converterase en punto de destino para miles de afeccionados ó boxeo, que poderán asistir a unha emocionante velada deportiva.

    O espectáculo está garantido grazas a deportistas tan recoñecidos como o tricampeón de Europa, Iván Pozo, os líderes nacionais Borja Martínez, César Martínez e Alfonso Orio ou destacados boxeadores como Carlos Simón ou Samuel Moreno.

    Os asistentes á velada de boxeo, que dará comezo ás dez e media da noite deste sábado, no pavillón de Barraña, poderán ver os seis combates que figuran en cartel máis unha sorpresa da organización, consistente nun combate feminino.

    Os boxeadores que participarán na velada, organizada polo grupo Foelca e o concello boirés, forman parte do Club Deportivo Saúde de Vigo. O seu adestrador, Francisco Amoedo, quixo agradecer a oportunidade brindada polo director de Foelca, Ramón Hemo, e mailo concello, contribuíndo, con este tipo de eventos, a facer que o boxeo deixe de ser un deporte marxinal.

    O prezo das entradas será de dez euros en grada e 20 en silla. A organización agarda contar cun bo número de espectadores tal e como acontecera no combate celebrado na localidade boiresa hai xa trece anos, que acadou un gran éxito de participación

    Redacción Barbanza