O futuro do mercadiño ambulante de Boiro pende dun fío

    vendedoresambulantesboiro_100_021007.jpgBOIRO > De momento non hai solución ó conflito que manteñen os vendedores ambulantes e o executivo boirés sobre o novo emprazamento do mercadiño.

    Van alá máis de tres semanas e o tradicional mercadiño ambulante dos martes en Boiro segue sen celebrarse, e visto o acontecido este martes despois da xuntanza entre os vendedores e o executivo boirés, o seu futuro está pendente dun fío.

    A falta de entendemento entre o concello e os donos dos postos sobre a futura ubicación da zona de venda segue a se-lo motivo de disputa. Os vendedores ambulantes non aceptan ningunha das opcións plantexadas polo executivo local, nin a de Avellaneda nin a da Cachada, e o executivo négase en banda a que os vendedores se instalen na Avenida de Barraña.

    Ante esta situación, os vendedores non descartan emprender unha serie de mobilizacións, co fin de facer recapacitar ó executivo. A cousa non parece sinxela e o futuro do mercadiño ambulante está no aire.

    O vindeiro martes asistiremos sen dúbida a un novo capítulo desta polémica que de seguro non terá unha solución sinxela.

    Redacción Barbanza