O SERGAS reparará as deficiencias nos centros de saúde de Rianxo e Taragoña

    mellorasrianxo_100_041108.jpgRIANXO > A directora da Xerencia de Atención Primaria presentou en Rianxo algunhas das melloras que van a levarse a cabo no centro de saúde.

    {flowplayer}barbanza/mellorasrianxo.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Rianxo Pedro Piñeiro e a tenente de alcalde, Sonia Castaño recibiron no concello á directora da Xerencia de Atención Primaria da área de Santiago, Ana Castaño. O motivo da visita non era outro que anunciar varias melloras que o SERGAS vai a realizar nos dous centros de saúde existentes na localidade, o de Rianxo e o de Taragoña.

    Climatización

    Precisamente informou de que en breve se lle dará solución ós problemas de filtracións de auga que se dan no novo consultorio de Rianxo, así como tamén se instalará un sistema de climatización que dará respostas ás queixas formuladas tanto polos pacientes como polos facultativos, fundamentalmente na tempada estival.

    Novo tratamento

    O centro de saúde rianxeiro sairá tamén beneficiado coa posta en marcha dun novidoso sistema de tratamento para a terapia anticoagulante oral, máis coñecida como Sintrom. No mesmo día e nunha única consulta os pacientes poderán voltar ás súas casas coa nova dose asignada polo seu médico de cabeceira. Da medida, que xa funciona noutros centros de saúde da comarca como é o caso do de Porto do Son, Lousame ou Rois, beneficiaranse máis de 500 veciños do municipio.

    A directora da Xerencia de Atención Primaria da área de Santiago tamén informou de que se acometerá no primeiro trimestre de 2009 unha pequena reforma no centro de saúde de Taragoña, que consistirá no pintado interior do edificio, a mellora dos servizos públicos e a instalación de novos canalóns.

    Redacción Barbanza